LOITA

Competir sempre supón unha loita persoal. Todos os participantes, dende o primeiro en chegar ata o último, buscan rozar os seus límites para poder acadar a satisfacción de telo dado todo ata o paso por meta.

GRUPO

Correr é unha deporte individual ... Ou tal vez non !! A emoción pódese compartir, as vivencias sempre son maiores en grupo. Os mellores recordos sempre inclúen a mais xente, familia ou amigos

SAIDA

Os minutos previos á salida sempre parecen correr mais amodo. Xa latexas mais deprisa e todavía non comezaches a correr. Tentaremos animar eses intres para aplacar os teus nervios.

CELEBRA

Fai unha pausa no teu percorrido, celebra os pasos que xa diches e os que están por vir. E sobre todo sorrí, para que as cámaras retraten sempre momentos felices.

META

O arco, o final do tunel, a porta que da fin o teu esforzo e da entrada ós momentos de gloria. Alí estaremos nos alentándote e aplaudindo o teu éxito.

CIRCUÍTO

Analizade o PERCORRIDO DA CARREIRA e, se podedes, aproveitade os días que restan para adestrar pola zona. Como veredes, o gráfico da ALTIMETRÍA é bastente regular.

Lembrade que o trazado será de 10 kilómetros e estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo, coa garantía de que a medición do circuíto é completamente fiable. Deste xeito a tua marca será válida para competicións oficiais.

PRESENTACIÓN

Repasade o vídeo da carreira de 2016 para ter unha idea do moito que se disfruta na SantYaGo10K.
Este ano buscaremos sorprendervos con novidades para recompensarvos pola molladura do ano pasado !!

PREMIOS e CONCURSOS

Estade atentos á RELACIÓN DE PREMIOS que ofreceremos nesta edición, non so levarán premio os mais rápidos... Ti tamén podes optar a eles.

>

Creado con Nirvana & WordPress.