Colocación do chip

Na RECOLLIDA DE DORSAIS entrégase unha bolsa coa identificación, un dorsal e unha tarxeta de cronometraxe.

Na carreira deberase empregar esa tarxeta, non servindo ningún outro dispositivo de cronometraxe que o corredor teña en propiedade. Esa tarxeta identifica unívocamente ó número de dorsal ó que acompaña, sendo persoal e intransferible.

O chip entregado será RETORNABLE polo que é MOI IMPORTANTE que, unha vez finalizada a proba, todos os participantes o DEVOLVAN nas zonas de recollida que atoparán na Praza do Obradoiro. A non devolución ou perda do chip identificativo supón un custo organizativo que será repercutido ao titular do mesmo; rogamos a vosa colaboración neste aspecto.

Xunto co chip atoparedes dous pequenos fios de arame, que vos axudarán a atar o chip á zapatilla sen ter que sacar os cordóns. Aquí vos amosamos cómo facelo en 3 sinxelos pasos:

 

No se admiten más comentarios