Concurso “Oral Group”

Concurso “ATRAPA A MOA” de Oral Group

unnamedBASES DO CONCURSO

1. O concurso 

Oral Group Clínicas Dentales, colaborador da 3ª carreira nocturna SantYaGo10K, organiza un concurso para premiar a foto máis simpática.

Deste xeito quere incidir no carácter máis lúdico e divertido da cita e poñer de relevo a especial importancia do deporte no conxunto de hábitos saudables que é necesario fomentar, especialmente entre os máis novos.

2. Mecánica do concurso

O concurso está destinado a todas as persoas inscritas na carreira, que non terán que facer nada especial para participar alén de posar para a foto dentro do marco en forma de moa realizado para a ocasión por Oral Group Clínicas Dentales.

Un fotógrafo realizará as fotos tanto nos momentos previos ao inicio da carreira como durante a mesma e ao rematar a proba, en distintos puntos do percorrido.

3. Modalidades de participación

Categoría individual: sairá unha soa persoa na foto.

Categoría de grupo: poderán saír na foto varias persoas, co límite que estableza o propio marco da foto.

4. Xurado e Fallo

Todas as fotos serán enviadas á clínica Oral Group situada no Cantón do Toural nº 3, onde se reunirá o Xurado, conformado por persoal de Oral Group Centros Dentales e da directiva do Club de Atletismo Fontes do Sar, para a elixir a máis simpática en cada unha das dúas categorías. Os gañadores serán identificados polos seus dorsais e recibirán aviso do fallo no contacto facilitado para a inscrición na propia carreira SantYaGo10K.

5. Premios

Categoría individual: o gañador do premio individual levará un cepillo eléctrico de última xeración dunha marca de renome

Categoría de grupo: o premio para a foto de grupo consistirá nunha cesta cun set de produtos dentais de primeiras marcas

Os premios entregaranse na data que determine o Xurado, na clínica Oral Group de Cantón do Toural nº 3.

Oral Group

6. Tratamento dos datos persoais

A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e do Regulamento de Desenvolvemento da mesma, aprobado por R.D. 1720/2007, de 21 de decembro, os participantes neste concurso quedan informados e aceptan o uso dos datos de carácter persoal que faciliten para a inscrición na carreira co fin de seren contactados en caso de gañar este concurso.

Os participantes que resulten gañadores, aceptan expresamente que Oral Group Centros Dentales publique os seus nomes e apelidos na súa web e redes sociais aos efectos da difusión da existencia do propio concurso e dos seus gañadores.

7. Aceptación das bases

Os participantes do concurso aceptan expresamente todas e cada unha das bases legais. O incumprimento dalgunha das BASES suporá a exclusión do participante do presente concurso. Corresponde aos organizadores a interpretación das mesmas así como a decisión sobre calquera posible continxencia, sendo estas decisións inapelables.


Grupo de participantes do Concurso “ATRAPA A MOA” de Oral Group na SantYaGo10K de 2016


Podes inspirarte coa colección de fotos do concurso “ATRAPA A MOA” de 2016 no noso Flickr

No se admiten más comentarios