Gardarroupa

GuardarropaHabilitaremos o guardarroupa nos soportais do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro, xunto á liña de meta e moi próximo á liña de saída.

O servizo estará dispoñible entre as 20.30 e as 24.00.

Pregamos que traias a tua bolsa ou mochila marcada coa pegatina que leva o teu número de dorsal. Isto facilitaranos a tarefa de localización na recollida e poderemos evitar esperas.  

Aquí vai un exemplo de como empregar a pegatina do roupeiro:

Se non levas mochila darémosche unha bolsa plástica na que poderás meter as túas pertenzas. Se tes a pegatina porémoslla, se non a levas rotularemos o teu número de dorsal e quedará gardada ata que vaias a recollela despois da carreira.

Será IMPRESCINDIBLE que tanto na entrega como na recollida leves contigo o teu DORSAL, so deste xeito poderemos recoller ou devolverche o que deixes.

Gardarroupa

 

No se admiten más comentarios