Premios

Repartiranse os seguintes premios en metálico:

  • 400 € – 1ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 200 € – 2ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 100 € – 3ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 100 € – Premio especial, masculino e feminino, para os primeiros atletas chegados a meta empadroados en Santiago.
  • 100 € – Clube Federado con máis participantes chegados a meta.
  • 100 € – Grupo Non Federado con máis participantes chegados a meta.
  • 100 € – Grupo Non Federado con máis participantes femininas chegadas a meta.
  • 100 € – Clube ou Grupo que proceda dende máis lonxe.
  • 50 € – Premios especiais “Cándido Calvo” ós participantes, masculino e feminino, de maior idade

Ó marxe premiaranse as seguintes categorías especiais :

  • Trofeo para os tres primeiros clasificados, masculino e feminino, de cada categoría (Junior, Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B, Veteranos C, Veteranos D).
    • Por evitar alongar o protocolo de premiacións, estes trofeos deberán ser recollidos en días posteriores á carreira, a organización comunicará por mail ós premiados os horarios e lugar de recollida.

Para poder optar aos premios é importante coñecer que:

  • Os premios NON serán acumulables (agás o de empadroado en Santiago).
  • Para optar a participación por Club Federado ou Grupo NON Federado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección santyago10k@gmail.com unha listaxe detallando os membros computables ao efecto.
    • En caso de solapamiento, o premio ao grupo con máis participantes femininas terá preferencia sobre o de club máis numeroso.
    • Pola súa condición de Organizador, o Club de Atletismo Fontes do Sar quedará excluído das premiaciones de grupo.
  • En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase o que menor suma total de tempos empregasen en rematar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
  • Os premiados na categoría de corredores de maior idade deberán acreditar a súa idade cun documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar).

E non esquezades que tamén podedes gañar premios, individualmente ou en grupo, no Concurso “Atrapa a moa” de Oral Group …

No se admiten más comentarios