Sorteo “Servinor”

Sorteo “Unha proba de esforzo pode salvar moitas vidas” de Servinor

.

A Policlínica Médica SERVINOR, colabora coa SantYaGo10K organizando un concurso entre tódolos participantes da carreira, para premiar a 4 deles cunha proba de esforzo.

Servinor

Desta maneira Policlínica Médica SERVINOR quere incidir na importancia dos recoñecementos médicos deportivos, e divulgar que son esenciais previos á práctica deportiva, e que deben realizarse por varios motivos, entre eles:

  • Co fin de diminuir a incidencia da morte súbita no deporte, previndo os riscos ligados á práctica deportiva.
  • Aumentar os beneficios dunha actividade física ben orientada, poñendo en coñecemento dos deportistas as consecuencias da actividade física sobre a saúde.
  • Para unha correcta prescrición da actividade física, en persoas sans ou enfermas.
  • Determinar a aptitude física do atleta para os diferentes deportes e as contraindicacions permanentes ou temporais neles.

Unha proba de esforzo componse dun estudio cardíaco totalmente personalizado e realizado coa última tecnoloxía, e serve para determinar os umbrais aeróbicos e anaeróbicos dun deportista, sempre tendo en conta o historial médico e deportivo, así como a rutina de vida actual.

.

BASES DO CONCURSO

.

1. Participación

Poderán participar todas aquelas persoas inscritas na SantYaGo10K e que conclúan a proba chegando a meta, independentemente do posto no que rematen.

2. Sorteo

Os premiados serán aquelas persoas que entren en meta nas posicións número:

250  /  500  /  1.000  /  1.500

Unha vez pechada a carreira e publicada a lista definitiva de corredores, un membro do xurado anunciará por megafonía o dorsal e nome dos participantes que entraron en meta nas posicións indicadas, resultando gañadores.

3. Xurado

O xurado do sorteo estará composto por dúas persoas da organización da SantYaGo10K e por unha persoa da Policlínica Médica SERVINOR.

4. Fallo

O sorteo realizarase no palco da entrega de trofeos que se atopará na Praza do Obradoiro, unha vez pechada a proba e á vista do público presente.

5. Premios

Se sortearán catro probas de esforzo totalmente personalizadas, compostas dun estudio cardíaco realizado coa última tecnoloxía e determinando os umbrais aeróbicos e anaeróbicos.

Esta será realizada, previa petición de día e hora no centro, na Policlínica Médica SERVINOR sita na Avda. Mahía 119, Bertamiráns – Ames (A Coruña).

6. Entrega de premios

A cada un dos agraciados (identificados polo seu dorsal) entregaráselle un vale equivalente á proba de esforzo. Os agraciados do sorteo recibirán aviso por megafonía para achegarse ó palco da entrega de trofeos, para recoller o seu vale.

En caso de que a persoa agraciada non estivese presente no momento do sorteo seráselle remitido o seu vale a través dos datos de contacto facilitados durante a inscrición da carreira SantYaGo10K.

7. Datos persoais

A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e do Regulamento de Desenvolvemento da mesma, aprobado por R.D. 1720/2007, de 21 de decembro, os participantes neste concurso quedan informados e aceptan o uso dos datos de carácter persoal que faciliten para a inscrición na carreira co fin de seren contactados en caso de gañar este concurso.

Os participantes que resulten gañadores, aceptan expresamente que Policlínica Médica SERVINOR publique os seus nomes e apelidos na súa web e redes sociais aos efectos da difusión da existencia do propio concurso e dos seus gañadores, así como das posibles fotos realizadas durante a entrega de premios.

8. Aceptación das bases

Os participantes do concurso aceptan expresamente todas e cada unha das bases legais.

O incumprimento dalgunha das BASES suporá a exclusión do participante do presente concurso. Corresponde aos organizadores a interpretación das mesmas así como a decisión sobre calquera posible continxencia, sendo estas decisións inapelables.

No se admiten más comentarios