Orixe

Esta carreira nace no 2015 como un proxecto de o Club de Atletismo Fontes do Sar e do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel, coa intención de traer á cidade de Santiago de Compostela unha Carreira Nocturna Homologada.

Contamos co pleno apoido do Concello de Santiago a través de varias concellerías, entre elas a Concellaría de Mocidade, Deporte e Benestar Animal por medio do Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago ou a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, no tocante ó Turismo en Santiago

No ano 2015 tivemos unha grande aceptación popular, cun total de 2.034 inscritos, dos que 1.775 competiron e entraron en meta. No 2016 inscribíronse 1.972 inscritos (mais dun 25% mulleres) dos que, a pesar da climatoloxía adversa, mais de 1.600 competiron e 1.588 entraron en meta.

Neste ano 2017 volvemos a traballar coa idea de ofrecervos un percorrido que permita gozar do encanto do centro histórico da cidade ós corredores populares, locais ou foráneos.

O noso principal obxectivo e que DISFRUTEDES CORRENDO !!

No se admiten más comentarios