Sorteo “HoKo”

Os nosos amigos de HoKo queren colaborar coa SantYaGo10K aportando duas equipacións, unha masculina e outra feminina, para que sorteemos entre os atletas que cheguen a meta.

Bases:

Para participar no sorteo tan so terás que estar inscrito na carreira e completar a proba.

Unha vez finalizada a carreira e cando dispoñamos do listado definitivo faremos un sorteo a través da páxina web online echaloasuerte.com (ou outra similar se esa fallase).

O proceso será grabado en vídeo e colgado posteriormente na nosa canle de YouTube.

Procedemento:

  • Na web solicitarase xerar un número aleatorio entre 1 e o número total de participantes femininas chegadas a meta. A atleta que cruzase a meta nesa posición será a gañadora da equipación para muller.
  • Na web solicitarase xerar un número aleatorio entre 1 e o número total de participantes masculinos chegados a meta. O atleta que entrase en meta nesa posición será o gañador da equipación para home.

Premios:

Os gañadores serán informados por correo electrónico das instruccións para reclamar o premio.


Na bolsa do corredor atoparedes un folleto de HoKo no que poderedes ver todas as prendas e prezos desta afamada marca de roupa deportiva:


Resolución do sorteo:

Como podedes comprobar na lista de resultados da nosa web, pasaron por meta 1.136 participantes masculinos e 363 participantes femininas.

Segundo se describía nas bases, realizaremos o sorteo a través da web “echaloasuerte.com” mediante a elección de dous números ó azar, no primeiro caso entre os participantes masculinos, entre a posición 1 de entrada por meta e a 1136 e no segundo caso entre as participantes femininas entre a posición 1 de entrada por meta e a 363. Os números resultantes serán os gañadores das equipacións.

Aquí podedes ver o vídeo do sorteo.

 

 

Gañadores:

Dorsal: 1482  |  Sonia Rodriguez Villar  |  Posición: F-244

Dorsal: 315  |  Marcos Fernandez Fuertes  |  Posición: M-158

 

No se admiten más comentarios