Repartiranse os seguintes premios en metálico:
- 400 € – 1ª posición absoluta, masculino e feminina.
- 200 € – 2ª posición absoluta, masculino e feminina.
- 100 € – 3ª posición absoluta, masculino e feminina.
- 100 € – Premio especial, masculino e feminino, para os primeiros atletas chegados a meta empadroados en Santiago.
- 100 € – Clube Federado con máis participantes chegados a meta.
- 100 € – Grupo Non Federado con máis participantes chegados a meta.
- 100 € – Grupo Non Federado con máis participantes femininas chegadas a meta.
- 100 € – Clube ou Grupo que proceda dende máis lonxe.
- 50 € – Premios especiais “Cándido Calvo” ós participantes, masculino e feminino, de maior idade
Ó marxe premiaranse as seguintes categorías especiais :
- Trofeo para os tres primeiros clasificados, masculino e feminino, de cada categoría (Junior, Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B, Veteranos C, Veteranos D).
- Por evitar alongar o protocolo de premiacións, estes trofeos deberán ser recollidos en días posteriores á carreira, a organización comunicará por mail ós premiados os horarios e lugar de recollida.
Para poder optar aos premios é importante coñecer que:
- Os premios NON serán acumulables (agás o de empadroado en Santiago).
- Para optar a participación por Club Federado ou Grupo NON Federado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección [email protected] unha listaxe detallando os membros computables ao efecto.
- En caso de solapamiento, o premio ao grupo con máis participantes femininas terá preferencia sobre o de club máis numeroso.
- Pola súa condición de Organizador, o Club de Atletismo Fontes do Sar quedará excluído das premiaciones de grupo.
- En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase o que menor suma total de tempos empregasen en rematar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
- Os premiados na categoría de corredores de maior idade deberán acreditar a súa idade cun documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar).
E non esquezades que tamén podedes gañar premios, individualmente ou en grupo, no Concurso “Atrapa a moa” de Oral Group …