Os nosos amigos de HoKo queren colaborar coa SantYaGo10K aportando duas equipacións, unha masculina e outra feminina, para que sorteemos entre os atletas que cheguen a meta.
Bases:
Para participar no sorteo tan so terás que estar inscrito na carreira e completar a proba.
Unha vez finalizada a carreira e cando dispoñamos do listado definitivo faremos un sorteo a través da páxina web online echaloasuerte.com (ou outra similar se esa fallase).
O proceso será grabado en vídeo e colgado posteriormente na nosa canle de YouTube.
Procedemento:
- Na web solicitarase xerar un número aleatorio entre 1 e o número total de participantes femininas chegadas a meta. A atleta que cruzase a meta nesa posición será a gañadora da equipación para muller.
- Na web solicitarase xerar un número aleatorio entre 1 e o número total de participantes masculinos chegados a meta. O atleta que entrase en meta nesa posición será o gañador da equipación para home.
Premios:
Os gañadores serán informados por correo electrónico das instruccións para reclamar o premio.
Na bolsa do corredor atoparedes un folleto de HoKo no que poderedes ver todas as prendas e prezos desta afamada marca de roupa deportiva:
Resolución do sorteo:
Como podedes comprobar na lista de resultados da nosa web, pasaron por meta 1.136 participantes masculinos e 363 participantes femininas.
Segundo se describía nas bases, realizaremos o sorteo a través da web “echaloasuerte.com” mediante a elección de dous números ó azar, no primeiro caso entre os participantes masculinos, entre a posición 1 de entrada por meta e a 1136 e no segundo caso entre as participantes femininas entre a posición 1 de entrada por meta e a 363. Os números resultantes serán os gañadores das equipacións.
Aquí podedes ver o vídeo do sorteo.
Gañadores:
Dorsal: 1482 | Sonia Rodriguez Villar | Posición: F-244
Dorsal: 315 | Marcos Fernandez Fuertes | Posición: M-158